3 de maio de 2018

PASEO POLO VIGO DA ARTE

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo gratuíto polo Vigo da arte e da literatura das Irmandades da Fala. Será guiado por  Xurxo Martínez González.
Terá lugar o SÁBADO, 12 DE MAIO,  (só poden asistir as persoas previamente inscritas).
As persoas interesadas teñen máis información premendo aquí

OS MAIOS

A continuación deixamos un enlace a diferentes actividades promovidas polo Concello de Vigo para dar a coñecer e difundir a tradición dos maios na cidade.