5 de nov. de 2017

FALO EN GALEGO PORQUE...

Na aula de 6º B, despois dunha enquisa que nos amosaba que a lingua galega ten poucos falantes entre o noso alumnado, decidimos promocionalo. Nun momento no que a imaxe impera ao noso arredor acordamos gravar en vídeo algunhas das razóns polas que debemos empregar o galego. Estabamos buscando aquí: falar ante unha cámara, para un público, cunha mensaxe acordada e dicidida polos protagonistas, sen correccións, sen condicionantes pero con sentimento. Publicaremos varios resultados ao longo dos vindeiros días. Agardamos que vos gusten e que sirvan para que empreguemos algo máis a nosa lingua.


Ningún comentario:

Publicar un comentario