1 de nov. de 2017

AS CABAZAS DO CEIP GARCÍA BARBÓN ASUSTAN MOGOLLÓN

Durante o luns 30 e o martes 31 de ooutubro celebrouse na entrada do CEIP García Barbón unha exposición de cabazas terrorífica! Un ano máis solicitamos a colaboración das familias e alumnado para a realización de cabazas na casa e, un ano máis a resposta foi moi moi satisfactoria. 
Este ano invitabamos a que se incluira algún elemento relativo a Vigo xa que o PDI do centro é o de " Vivo en Vigo" e, tivemos o cole cheo de cabazas con alusións ao Celta, ao Dinoseto, ao Sireno... 

Grazas a todos pola vosa participación!


Ningún comentario:

Publicar un comentario