4 de out. de 2017

PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro ten visitado en varias ocasións o CEIP García Barbón para compartir connosco algunhas das súas obras.  Así no mes de febreiro estivo  falándonos do seu libro " Poema o mar" e , acompañados del, xogamos cos seus versos e desfrutamos da súa poesía.
Dende a comunidade educativa do noso cole queremos felicitalo por este premio que supón un recoñecemento á súa obra e traxectoria. Parabéns Antonio!

25 de set. de 2017

INGRESO NA RAG DE CHUS PATO

O domingo 24 de setembro tivo lugar o discurso de ingreso na RAG dun novo membro: Chus Pato. A continuación deixamos un enlace á noticia publicada no xornal " Faro de Vigo".


OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL

O Concello de Vigo promove diversas actividades que teñen como finalidade, entre outras, fomentar o emprego da lingua galega. Hoxe deixamos aquí unha destas iniciativas que nos parece moi interesante: Obradoiro de teatro. Está destinado a persoas que teñan 18 ou máis anos. Animádevos!

8 de xuño de 2017

REFRANEIRO DO MES DE XUÑO

Paseniño a paseniño fixemos o camiño! Pouco a pouco fixemos un percorrido polo refraneiro galego relacionándoo cos diversos meses do curso escolar. Esta recopilación é un traballo realizado de xeito voluntario polo alumnado de 5º B que quixo participar no reto de recoller a sabiduría popular galega. Seguramente moitos de vós coñecedes a maioría dos refráns que aquí aparecen pero, case seguro tamén, que aprendestes algún descoñecido . Grazas ao alumnado participante e tamén aos lectores. Ata o curso que vén!

28 de maio de 2017

CONCURSO LITERARIO NO CEIP GARCÍA BARBÓN

Os días 24 e 25 de maio foi a entrega de premios do concurso literario organizado polo equipo da biblioteca e no que tamén colaborou este equipo. Este ano o concurso tiña presente a Carlos Casares e, así as historias elaboradas polo alumnado de 3º e 4º debían iniciarse cunha frase do libro " O can Rin e o lobo Crispín" e a categoría dos maiores iniciabase cunha frase da obra " O galo de Antioquía". Deixámosvos unhas fotos dos gañadores, mostrando satisfeitos os seus cheques canxeables por libros en galego nunha librería da cidade. Noraboa aos gañadores! 
GRAZAS a todos os participantes!


Premiados no concurso literario do ano 2017 on PhotoPeach

17 de maio de 2017

COÑECEMOS ASPECTOS DA CULTURA GALEGA A TRAVÉS DA MÚSICA

O alumnado de 4º de Educación Primaria empezou a semana das Letras Galegas coñecendo diferentes instrumentos musicais da man de Tere Santamaría, compoñente do grupo SonDeSeu (trátase dunha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, que naceu en Vigo no ano 2001).
Da man de Tere comprobamos como se pode facer música co noso propio corpo. Unha boa parte do alumnado tocou unha xota dando palmadas nas pernas, no peito e unha palmada final seguindo o ritmo marcado pola nosa invitada. O máis sorprendente da actividade é que se repetíamos interiormente “ Ana come pan” ao tempo que facíamos as palmadas era moi sinxelo seguila!
Tamén nos amosou como tocar unha muiñeira con instrumentos pobres coma o morteiro de madeira, ou coas tarrañolas de madeira ( explicounos que antes se empregaban as costelas de porco en lugar das tarrañolas).
Durante a sesión cantounos unha xota, acompañada pola pandeireta, recollida da tradición oral en Vilar de Cabeiras na zona de Arbo . O alumnado de 4º facíamos os coros cantando o retrouso da peza musical.
Nesta sesión tivemos un achegamento á cultura musical galega da man de Tere,  coñecemos como a nosa cultura musical é moi semellante á cultura musical irlandesa e comprobamos qué fácil é vivir a música cando nola explica unha persoa que a vive e a disfruta plenamente.

Grazas pola túa colaboración desinteresada e polo teu entusiasmo nas explicacións!
A cultura musical galega on PhotoPeach

8 de maio de 2017

CARLOS CASARES

Unhas das actividades realizadas no colexio para coñecer ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é a que se presenta a continuación. Trátase dunha animación realizada a partir do conto da Galiña Azul. O traballo realizouno o alumnado de dous grupos do cole ( 5º A de Educación Infantil e 4º A de Educación Primaria) xunto coas súas titoras. Grazas a todos eles por compartir o seu traballo! E NORABOA polo ben que lles quedou!

18 de abr. de 2017

REFRANEIRO DO MES DE ABRIL

Aínda que transcurrida xa algo máis da metade, aquí vos deixamos o refraneiro correspondente a este mes de abril.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Dende a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organízanse diferentes actividades de dinamización da lingua galega. Deixámosvos aquí algunhas delas por se foran do voso interese.



12 de mar. de 2017

REFRANEIRO DO MES DE MARZO

Aínda que con algo de retraso aquí vos deixamos unha ampla mostra do refraneiro que coñecemos en galego sobre o mes de marzo. Agardamos que vos resulten interesantes.



22 de feb. de 2017

MANDADO PARA ANTES DO VENRES DE ENTROIDO

O xoves é o día previo ao noso desfile de Entroido e, polo tanto, o último día do mandado do Meco. Aquí vos deixamos pois o seu último desexo por este ano!


21 de feb. de 2017

TORIBIO VOLVE AO COLE

O xoves 16 de febreiro presentouse ao público a reedición da colección infantil de Toribio. Esta colección composta por cinco libros foi escrita por Carlos Casares, autor homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas.
A presentación da obra, editada de novo, fíxose na biblioteca do CEIP García Barbón. Ao acto acudimos os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria e, que ben o pasamos co contacontos sobre o protagonista!


Toribio no García Barbón on PhotoPeach

Á METADE DA SEMANA, O MECO DI:

Deixamos hoxe aquí o mandado do Señor Meco para o mércores.


17 de feb. de 2017

ACHÉGASE O ENTROIDO

A vindeira semana entramos na semana do Entroido, durante a mesma estaremos ben atentos aos mandados do Meco que, día a día nos irá anunciando como debemos vir ao cole durante os días previos ao desfile do venres 24. Estade ben atentos !
Aquí queda o mandado do luns 20:

PRESENTACIÓN DA REEDICIÓN DE TORIBIO NO NOSO COLE

A Editorial Galaxia ven de presentar a reedición da colección de contos e aventuras de Toribio escrita por Carlos Casares, autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas. O alumnado de 2º disfrutou un montón do acto que se celebrou na biblioteca do CEIP García Barbón.
Grazas Galaxia pola reedición dos contos e polo momento de diversión co contacontos!






14 de feb. de 2017

ESCOLARES DE VINTE CENTROS DE VIGO ENTREVISTAN EN DIRECTO A IAGO ASPAS

O luns 13 de febreiro ten lugar no Auditorio Mar de Vigo un encontro de mil douscentos escolares co xogador do RC Celta de Vigo, Iago Aspas. 
O acto enmárcase dento do proxecto escolar promovido polo xornal e no que participa, entre outros o CEIP García Barbón.
A continuación queda un enlace á publicación no xornal Faro de Vigo para que poidades ver o resultado da entrevista. 




11 de feb. de 2017

ENCONTRO POÉTICO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro visita o CEIP García Barbón e mantén un encontro poético co alumnado de 4º e 6º do centro. Todos xuntos, baixo a batuta-lápis do entrañable escritor e poeta, recitamos versos do seu libro " Poemar o mar" , fíxonos xogar cos versos mentres captaba toda a nosa atención, escoitamos aos seus personaxes... Unha fantástica sesión de animación á lectura e de achegamento á poesía. Grazas Antonio!


Antonio García Teijeiro no CEIP García Barbón on PhotoPeach
A visita foi promovida polo xornal Faro de Vigo, dentro do proxecto " O Faro da Escola".Conta tamén coa colaboración da Editorial Xerais. Grazas a ambos patrocinadores!

8 de feb. de 2017

REFRANEIRO DO MES DE FEBREIRO

Con algo de retraso, pero xa tedes aquí un breve repaso da sabiduría popular recollida en refráns que fan mención a este mes de febreiro. 
Agardamos que sexan do voso interese!



4 de feb. de 2017

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO CEIP GARCÍA BARBÓN

O martes 7 de febreiro a partires das 09.30 h. está previsto que acuda ao CEIP García Barbón o escritor vigués, Antonio García Teijeiro. Esta visita enmárcase dentro do proxecto O Faro da Escola, promovido polo xornal O Faro de Vigo e no que colabora, entre outras entidades, a Editorial Xerais.
Agardamos que o alumnado de 4º e 6º disfrute coa experiencia!

Para máis información aquí


15 de xan. de 2017

REFRANEIRO

Un grupo de alumnos e alumnas de 5º B, fixo unha recompilación de refráns deste primeiro mes do ano. O obxectivo é o de recuperar e dar a coñecer unha mostra mensual da sabiduría popular, crenzas, hábitos... que presentas os refráns. 
Estade atentos porque cada mes publicaremos o refraneiro correspondente!
Agardamos que vos guste.