16 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

A obra de teatro A Berenguela de Manuel María será representada polos alumnos de sexto de primaria no salón de usos múltiples do colexio co gallo do Día das Letras Galegas para os cursos de cuarto de primaria ata sexto, para os nenos e nenas de infantil e de primeiro ciclo a representarán coma unha obra de títeres.
A peza trata das aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. A obra publicouse en 1979 e nela cóntase a historia das dificultades polas que pasa a espiña de toxo que representa a clase máis humilde da sociedade.
O escritor lucense Manuel María (Outeiro do Rei 1929- A Coruña 2004 ) pronuncia aos 19 anos no Círculo de Belas Artes  de Lugo a súa primeira conferencia, intégrase na tertulia luguesa do Café Mendez Nuñez invitado polo poeta Luis Pimentel posteriormente converteuse en editor da revista Xistral.
Publicou o seu primeiro poemario Muiñeiro de Brétemas en 1950. No verán de 1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá. Da súa obra posterior cabe salientar Poemas ó outono (1977), A luz resucitada (1984), A primavera de Venus (199Brétemas de muiñeiro (2000). Tamén é autor de obras infantís e xuvenís como A Berenguela.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario