16 de maio de 2016

CONCURSO FARO DA ESCOLA

 
Dez colexios de Vigo participamos no concurso Faro da Escola. Representantes dos dez colexios acudimos o xoves 12 ás instalacións centrais de Faro de Vigo para visitar a rotativa de Celta de Artes Gráficas onde se imprimiron os exemplares. O concurso Faro da Escola, promovido polo decano e o Clube Faro, está patrocinado por FCC, Renfe e Vitrasa coa colaboración de Edicións Xerais.
Nesta primeira edición participaron os colexios Coutada- Beade, Chans-Bembrive, María Inmaculada-Carmelitas, Mariano, Divino Salvador de Coruxo, O Sello, Quiñones de León, Bouza Brey, Laredo Chapela e o noso colexio, o CEIP García Barbón. O vindeiro mércores 18 de maio celebrarase no Auditorio Mar de Vigo un acto no que asistiremos os representantes de todos os colexios participantes.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordinou a edición do xornal. Quixemos, deste xeito contribuir á dinamización da lingua galega no noso centro elaborando un xornal íntegramente en galego.
A valoración da participación neste proxecto realizado xunto co Faro de Vigo foi moi positiva. Cos erros lóxicos cometidos pola falta de experiencia, consideramos a iniciativa como un éxito.
Agradecer desde o EDLG a implicación dos alumnos/as á hora de elaborar as noticias, a participación dos mestres/as e, como non ao persoal de o Faro de Vigo polo tempo dedicado a este proxecto, polo asesoramento, a implicación no proxecto e por facernos partícipes desde o comezo ata o fin desta aventura.


     

Ningún comentario:

Publicar un comentario