07/10/2015

O OUTONO NA PINTURA

A NATUREZA MORTA.
A natureza morta é unha pintura que representa obxectos sen vida nun espazo determinado, como libros, froitas, antigüidades, cunchas, flores.... Pese a ter sido considerado un arte menor durante un tempo hoxe en día o bodegón é un xénero revalorizado.
Xa na Grecia clásica existían representacións de naturezas mortas pero foi a comezos do século XVII cando xurdiron como xénero independente.
O encontro coa pintura de Paul Cézanne levou ao escritor e poeta checo Rainer María Rilke a escribir unha serie de cartas á súa muller nas que fala da impresión causada polos cadros de bodegóns do mestre postimpresionista. Sobre os elementos que conforman os cadros e partindo dunha realidade digna e humilde, o escritor dixo:  “Que pobreza teñen nel todas as cousas”.
Bodegón de Maside

Segundo o crítico de arte Carlos Bernárdez, coa adopción do cubismo os pintores galegos comezan a transformar o bodegón para amosalo de forma diferente. Foi recuperado por autores como Llorens, Caulonga, González Pascual, Alfredo Souto, Maside ou Luís Seoane.

O VIÑEDO VERMELLO PRETO DE ARLÉS

O cadro recolle o momento da vendima nun solpor de outono que impregna de cor vermello as vides.
Foi pintado por Vicent Van Gogh no ano 1888, despois de que o seu amigo Gaugin chegara a Arlés.
Foi a única pintura que o artista vendeu en vida.
Actualmente o cadro atópase no museo Pushkin de Moscú.