22/04/2015

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL DE 2015

A UNESCO acordou en 1995 que cada 23 de abril celebraríase o Día Mundial do libro e dos Dereitos de autor. 
Se non sabes como celebrar o Día do Libro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega faiche as seguintes  propostas:

  • Sal a liberar algún libro!
O proxecto Brookcrossing, practicado en todo o mundo, consiste en escoller un libro propio, etiquetalo e liberalo.



É unha experiencia única que converte a lectura en algo global e compartido.
Se queres saber máis bookcrossing.com.

  •  Escribe un microrrelato e regálao a alguén querido.

Como exemplo este microrrelato de Eneritz Dueso, estudante de galego en Euskadi,que gañou no 2014 o I Concurso de microrrelatos John Rutherford, para conmemorar as letras galegas en Oxford. 

"Eu era un peixe nadando nunha sopa. 
Sempre soñei con ser unha estrela de cine, pero un día presenteime a un casting e alí dixéronme que antes que deixar que fose actor sería mellor fritirme. Eu díxenlles que a min o aceite me repetía e propuxéronme un papel máis axeitado para a miña valía: ser o protagonista deste prato, mentres non me achegase a lingua o gato.
Pero chegou o día en que se achegou o felino, coas súas poutas afiadas e os seus dentes xenuínos. Tentaron salvarme as ameixas, esas amigas que aínda que son duras por fóra por dentro son tenras, e o gato estrañouse ao ver como o atacaron.
Sen perder a compostura puxo fin ao altercado explicándonos que el era un gato vegano.
Como ía moita calor invitámolo a nadar na sopa xa fría, pero o mico estremeceuse ao ver que a súa pelaxe se mollaría. Vaia falta de respecto, non aceptar o noso convite! Iso superaba xa o noso límite. 
Vingámonos del facéndoo beber, pero tragounos sen querer e a viaxe cara á súa barriga non a puidemos deter.
Agora eu son un peixe nadando na barriga dun gato, e non un gato calquera, un gato vegano! Pobre mico, pobre gatiño, que para unha vez que comía un peixe non era fresco, senón conxelado."

21/04/2015

LIBROS GAÑADORES NA FEIRA DE BOLONIA


O luns 2 de abril clausurouse a Feria de Bolonia
Esta é  a lista de gañadores  deste ano en cada categoría:

Ficción

Flashlight
Texto e ilustraciones de Lizi Boyd
Chronicle Books (EE.UU, 2014)
Poema visual que ofrece preciosas e orixinais ilustracións sobre papel negro. A cor está reservada para os espazos iluminados pola luz do foco.
Trata da curiosidade dun neno e a superación dos medos


No Ficción


Avant Après
Matthias Aregui
Ilustracións de Anne-Margot Ramstein
Albin Michel (Francia, 2013)
[Publicado en España por SM]
Un libro sen palabras que presenta parellas de imaxes para ler de xeito aleatoria.




Mencións especiais – Non ficción

Categoría Novos Horizontes
(Editoriais do mundo árabe, Latinoamérica, Asia e África)

Abecedario
Ruth Kaufman e Raquel Franco
Ilustracións de Diego Bianki
Pequeño Editor (Argentina, 2014)
Alfabeto de verbos divertido e orixinal. 


Mencións especiais – Novos Horizontes

Categoría Ópera Prima
(Autores e ilustradores noveles)

Lá fora
Maria Ana Peixe e Inês Teixeira
Ilustracións de Bernardo P. Carvalho
Planeta Tangerina (Portugal, 2014)

Contraste do tradicional formato de guía e explicacións científicas con ilustracións divertidas.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO DE INFANTIL

A idea de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil xurde en 1966 por parte de Jella Lepman (1891-1970), fundadora da Internationale Jugenbibliothek de Múnich (que outorga cada ano os White Ravens). Decidiuse celebrar este evento o 2 de abril en conmemoración co nacemento de Hans Christian Andersen. Jella Lepman foi a encargada de escribir a primeira mensaxe no ano 1967. Desde ese momento, cada ano encargase unha mensaxe e un cartel a autores e ilustradores destacados. No ano 2002, no 50 aniversario de IBBY , publicouse un libro con todos os carteis e mensaxes aparecidos nentes últimos 35 anos. Este libro pode consultarse en ALO (Australian Literature Online), unha biblioteca dixital austríaca.