6 de mar. de 2015

DOROTHY CANFIELD FISHER. "A APRENDIZAXE DE BETSY".



Dorothy Canfield Fisher pese a ser unha escritora de renome na súa época é, hoxe en día, unha gran descoñecida. No afán de dar a coñecer a labor da escritora a editorial Triqueta Verde recupera un dos seus grandes éxitos ao editar, traducido ao galego, A aprendizaxe de Betsy. 


A escritora Dorothy Canfiel Fisher apoiou firmemente os dereitos das mulleres, a igualdade racial e a educación. Foi doutora en Linguas Románicas pola universidade de Columbia, no ano 1904, un feito inusual para unha muller da súa xeración. 
Co libro A aprendizaxe de Betsy intenta introducir o método Montessori en América.
O Equipo  de Dinamización da Lingua Galega recomenda este libro para ler en familia.

Sobre o conto: 

O libro comenza coa historia de Elizabeth Ann, unha nena de 9 anos, que vive coa súa tía na cidade. Despois dun acontecemento inesperado a nena ten que ir vivir cuns parentes a unha granxa en Vermont. Na súa nova vida rural Elizabeth Ann acaba por converterse en Betsy, unha rapaza que aprende a facer as cousas por si mesma.


Ningún comentario:

Publicar un comentario