6 de mar. de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 8 DE MARZO



Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras do téxtil tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York para protestar polas duras condicións de traballo. A partir dese momento sucedéronse distintos movementos reivindicando as melloras no traballo das mulleres. O 5 de marzo de 1908, na mesma cidade, un grupo de traballadoras reclamaba a igualdade salarial cos homes, a diminución da xornada de traballo e o dereito ao descanso dominical. Non se aceptaron as súas reivindicacións e procedeuse a pechar as portas da fábrica, prendéndolle lume. Morreron 129 mulleres.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres celebrada en Copenhague (Dinamarca), máis de cen mulleres decidiron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

En España, o rei Afonso XIII autorizou, mediante unha Real Orde, que as mulleres españolas puidesen realizar estudos superiores pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrucción Pública.

No ano 2015 celébrase o vixésimo aniversario da Declaración de Pekín, un plan histórico asinado por 189 gobernos hai 20 anos para materializar os dereitos das mulleres:
“O lema deste ano “Empoderando ás Mulleres, Emporedando á humanidade: Imaxínao!” recrea o mundo en que cada muller e cada nena poden tomar as súas decisións tales como: participar en política, educarse, vivir en sociedade sen violencia e sen discriminación”.



Ningún comentario:

Publicar un comentario