24/02/2015

LIBROS SOBRE O ENTROIDO

Carnaval en Galicia. Guía publicada pola Xunta de Galicia no ano 2014 onde se describen os entroidos máis salientables de Galicia. Préstase especial atención ao s entroidos que son considerados festas de interés turísticos de Galicia. A continuación fai un repaso sobre as figuras do entroido.



A festa do Entroido. Publicado por Ediciones Trea S.L. no ano 2014 dentro da colección Porta de papel en galego.
Neste libro, Federico Cocho revisa e  actualiza os estudos que comezou hai un cuarto de século sobre a festa do Entroido. O autor amplía no libro documentación engadindo información nova.

FELOTEXTOS

A máscara típica de Maceda inspira tamén a poetas diversos. Emilio Arauxo, ao fronte da editorial Amastra-N-Gallar leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.
Se queredes saber máis busca na web felosdemaceda.com

ENTROIDO NO GARCÍA BARBÓN


Ao longo da historia moitos pintores sentiron atracción polo tema do entroido.
Unha das primeiras referencias atopámola na obra do pintor Brueguel o Vello no século XVI co cadro Don Carnaval e dona Cuaresma ou Combate entre Carnaval e Cuaresma.
No colexio García Barbón, este ano, traballamos  o entroido na pintura galega. 
Velaí tedes o resultado: 
Dobre máscara ( 1983, Antón Patiño).
Entroido. Xosé Otero Abeledo, Laxeiro.



06/02/2015

EXPOSICIÓN NO MARCO ” FRANCISCO MANTECÓN E CÁLCULO"



Comisariado por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre e coproducido polo MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane preséntase un proxecto expositivo do artista e deseñador vigués Francisco Mantecón (1948-2001).
Poderase ver tamén unha selección de citas extraídas de entrevistas en prensa entre os anos 1976 e 1994.
Unha vez clausurada en Vigo a mostra viaxará á Fundación Seoane de A Coruña.
Co gallo desta mostra a Editorial Galaxia editou un libro co título da exposición con textos de varios autores



02/02/2015

CONMEMORAMOS A PAZ NO GARCÍA BARBON






Os premios, instituidos polo industrial sueco Alfred Nobel (inventor da nitroglicerina) e concedidos pola Fundación Nobel son propostos por institucións nacionais e internacionais e outorgados pola Real Academia Sueca. 
No 2014 o Nobel da Paz recaeu na moza pakistaní Mala Yousafzai, por “defender a escolarización das mulleres”, e no activista indio Kailash Satyarthi pola “loita contra a opresión dos nenos e mozos e polo dereito de todos os nenos á educación”.
O Comité dos Nobel subliñou que “Os nenos deben ir á escola e non ser explotados”, incidindo en que “A loita contra a opresión e polos dereitos dos nenos contribúe á FRATERNIDADE ENTRE NACIÓNS que Alfred Nobel menciona no seu testamento como un dos criterios para o Premio NOBEL DA PAZ.
O Nobel da Paz é o único que se outorga e entrega fóra de Estocolmo por expreso desexo do seu creador xa que na súa época Noruega formaba parte do reino de Suecia.