16/01/2015

RECOMENDACIÓNS DÍA DA PAZ

Querida Malala
Rosemary MacCarney co Plan Internacional
Editorial Juventud.
Plan Internacional é unha das organizacións internacionais de protección dos dereitos sobre a infancia máis antiga do mundo cuxo fin é acabar coa pobreza mundial. Ten como único obxectivo mellorar a vida dos nenos e nenas, “Por ser nena” é a iniciativa global para acabar coa desigualdade de xénero.
Rosemary McCarney dirixe o equipo canadense do Plan Internacional. Licenciada en dereito exerceu a súa labor en países de todo o mundo.
Neste libro coñeceremos a Malala a través dunha carta escrita por moitas nenas do mundo.
Recompilatorio de cartas  escritas por nenas de todo o mundo.
Un libro conmovedor. A partir de 7 anos e para ler en familia

A sombra dos anacardios.

Neste álbum advírtese da alta porcentaxe de poboación infantil afectada pola SIDA en Guinea-Bissau, un dos países menos desenvolvidos do mundo.
A Editorial OQO contou coa coperación da Asemblea de Cooperación pola Paz.
En A sombra dos Anacardios, ao igual que en Fume, Antón Fortes (Sarria 1957) mantén viva a esperanza.
A  italiana Simona Mulazzani ilustra este conto.

A pomba dona Paz
Escrito por Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro.
Edicións Xerais.
Dona Paz sae a voar e mira todo o que acontece no mundo. O salientable do libro e a reinvicación de unha educación sólida en valores


O DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta pacifista mallorquín Llorençs Vidal. 
Conmemórase o 30 de Xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi ( Líder da independencia da India e pioneiro da filosofia da non violencia). Gandhi fai unha apelación directa a cada un de nós "Se queres cambiar o mundo, empeza por cambiarte a ti mesmo".
A exposición itinerante ARTE PAZ 2015 percorrerá as principais cidades galegas a partir do vindeiro día 26 de xaneiro, data na que se inaugura no forum metropolitano de A Coruña.