10/12/2015

LIBROS RECOMENDADOS PARA NADAL EDUCACIÓN INFANTIL



LIBROS RECOMENDADOS EDUCACIÓN INFANTIL NADAL 2015

BALEA

A FILLA DO GRÚFALO

OS RATOS DA CASA 

OLA ADEUS

ONDE ESTÁ O POLIÑO DE ROSALÍA?

O MONSTRO DE CORES

ASTROPAL , UN COMETA CON CORAZÓN

A ESCADA VERMELLA

MOUSTACHE

NON HAI BERCE COMA O COLO

QUEN PODE VENCER Ó VENTO?

O PARAUGAS DAMEAUGAS

UNHA VIAXE POLO MUNDO

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 
CEIP GARCÍA BARBÓN














17/11/2015

LENDO LENDAS, DIGO VERSOS


Mañá mércores, día 18 preséntase na libraría Librouro en Vigo o libro de Antonio García Teijeiro “Lendo lendas, digo versos”.


Vinte lendas con cadanseu poema. Lendas pouco coñecidas e moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada.

PREMIO LAZARILLO





O pasado día 13 de novembro fallouse en Madrid o Premio Lazarillo 2015 na súa modalidade de creación literaria, convocado  pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte da que resultou gañadora LEDICIA COSTAS coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante.
Este prestixioso galardón, o máis antigo da literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo extinguido Instituto Nacional del Libro Español no ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para nenos e rapaces. Desde o ano 1986 é a OEPLI a encargada de convocalo anualmente,  nas modalidades de “Álbum Ilustrado” e  “Creación literaria”.    
O xurado destacou que a obra gañadora é “Unha novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida, unha boa linguaxe literaria, e onde a realidade constrúe unha ficción que lle dá un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura”.
Escritora galega licenciada en dereito. Publicou, entre outras obras: Unha estrela no vento (Xerais, 2008), Recinto Gris (Xerais, 2014), incluída na Lista de Obras recomendadas para persoas con discapacidades do Centro IBBY (International Board on Books for Young People); O corazón de Xúpiter  (Xerais, 2015), coa que obtivo o  Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro Infantil e Xuvenil, e o Premio da Asociación de Escritores e Escritoras en lingua galega á mellor obra de literatura infantil e xuvenil), e  Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) coa que gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, o  Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil e xuvenil, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil, incluído na Lista de Honra do IBBY 2016, e o Premio Nacional de Literatura Infantil y Xuvenil. Como poeta, publicou a obra Xardín de inverno (Everest, 2012).
Recentemente acaba de publicar en Tambre-Edelvives a obra Inmundicia e Roñoso, e no eido da narrativa para adultos Un animal chamado néboa (Edicións Xerais), libro de relatos ambientados na II Guerra Mundial.
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS FEMMES PLANTE
Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante é unha obra ambientada no Vigo do S.XIX. Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á cidade cuxa ría o inspirou para escribir un dos episodios de 20.000 leguas baixo dos mares. Porén, en contra do que acredita a documentación da época, esta visita de Verne a Vigo no ano 1884 non é fortuíta. O escritor chega á cidade porque está seguindo o rastro das misteriosas mulleres planta.




16/11/2015

A CASTAÑA



A CASTAÑA
A castaña supón un dos alimentos esenciais da gastronomía outonal galega, un froito consumido desde hai séculos polos nosos antergos, deles obtivemos maneiras maxistrais de comer a castaña, ben sexa asada, cocida, en caldo,postres ou leite, por non dicir confitada, un auténtico manxar de deuses.
A pesar do pensar común a castaña ten un baixo contido calórico,rica en vitaminas e minerais,é ideal para os amantes de alimentos sans e naturais,polo seu baixo contido en graxa e en sodio, alto contido en potasio e ausencia de glute.
En 2009 a Castaña de Galicia foi recoñecida por unha Indicación Xeográfica protexida (IXP). O ámbito xeográfico da súa producción comprende o territorio galego delimitado ao oeste pola Dorsal Galega e pola serra do Xistral cara ao norte.
Nas imaxes que vemos a continuación observamos as diferentes variantes de castaña que atopamos en Galicia.(Imaxes cedidas por IXP Castaña de Galicia)


    Tradicionalmente,  o  sistema  de aproveitamento    do  castiñeiro  en Galicia foron os soutos ,  plantacións formadas por árbores de igual ou similar idade e ás que se aplican  as  mesmas  prácticas  culturais.Habitualmente  son  árboles  inxertadas  sobre  patróns  bravos nados de semente    nese  mesmo  lugar  ou nalgunha zona  veciña,  que  levan    ao  souto  nos primeiros  estadíos  de desenvolvemento    e  que  despois se inxertan con púas de variedades de aptitude para froito.
En Galicia a maior parte dos  soutos son de aptitude mixta froita-madeira. Este tipo    de aproveitamento coexiste  en Galicia con plantacións  de carácter  regular , na que se aplican técnicas froiteiras modernas.
En Galicia o castiñeiro experimentou unha forte expansión nos séculos XVI e XVII,  dando  orixe  á aparición  de numerosas    variedades autóctonas,  que  polo xeral    tiñan en común unha maior adaptación aos ambientes de montaña e a súa  vocación  mixta  para  froito  e  madeira,  que  era  algo  bastante  frecuente  nas variedades daquela época. A partir do século XVII as castañas se comercializan  a través dunha rede de mercados e feiras.
O declive do castiñeiro de froito coincidiu coa masificación do cultivo da pataca e do millo, que en Galicia ocorreu durante o século XIX. A partir dese momento, a castaña  perde paulatinamente  o seu  protagonismo  na dieta,  ata que    aparecen  novas ameazas para o seu cultivo : a chegada de enfermidades como a tinta e o chancro. Estas enfermidades  dezmaron os  soutos e relegaron  ao  castiñeiro a posicións marxinais  en   g ran  parte  de Galicia.    A pesar diso,  hoxe en día aínda mantén  unha presenza  importante  nas comarcas  do  interior,    áreas  onde  as condicións  naturais  preséntanse  moito menos    favorables  para  o  desenvolvemento destas patoloxías.
A pesar de     todo,  os  avances  en canto a  tratamentos  e  medidas  de prevención   fronte  estas enfermidades, xunto con un  renovado interese    polo aproveitamento  deste cultivo,  propiciaron  una  certa  recuperación  dos soutos galegos durante os últimos anos.
Recomendamos aos amantes da castaña visitar as zonas do oriente ourensán como A Mezquita, A Gudiña, Viana do Bolo, Riós,…entre outras zonas para degustar un manxar exquisito como é a castaña,ao que se lle adican importantes festas no mes de novembro é un dos principais motores da economía destas zonas.