28/05/2014

Semana da Música Infantil da Feira do Libro

Ata o vindeiro 1 de xuño, a Feira do Libro de Vigo será o escenario dunha completa programación de actividades culturais que teñen o libro e a lectura como protagonistas, ademais de dar a coñecer a produción editorial galega máis recente.
Ademais a programación inclúe diversos concertos para lle achegar o libro e a lectura ao público familiar con algúns dos grupos de máis éxito neste ámbito.

18/05/2014

E chegou á biblioteca!

Pois si, este ano conseguímolo, o conto viaxeiro, feito por todos os nenos e nenas do cole (coa axuda das e dos profes) xa está rematado, e xa se pode consultar na biblioteca. Aquí queda a portada para ir abrindo boca...
Pero que lle pasou a Cenorio? Como coñeceu a Carolfo Domínguez? Que sombras había no cole?
Pois pasade pola biblioteca e... descubrídeo!

Meu o mundo é!

Paco Nogueiras Nodar di que pode facer todo en galego, ler, escribir, darlle un bico a súa nai, contar, cantar, bailar...
E vós?


05/05/2014

Ciclo de cine infantil

CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL

   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H

A Concellería de Igualdade informa que durante os cinco sábados do mes de maio proxectará no auditorio municipal 5 filmes dixiridos ao público infantil e xuvenil.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as 5 películas que se proxectaran neste ciclo.

A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre as vosas amizades.
PROGRAMA DESTE MES