24 de nov. de 2013

Unha zanfona no cole

A semana pasada, e por iniciativa da profe de música, celebramos no cole a semana da música. Moitos alumnos e alumnas ensináronnos os seus instrumentos, e déronnos moitos pequeniños concertos.
Pero o venres, chegou un instrumento descoñecido para moitos de vós: a zanfona. Tivemos a sorte de ver e escoitar en directo unha zanfona. Por se queredes busar máis información sobre este instrumento tradicional galego, deixamos aquí dúas entradas que podedes atopar na rede.


"A zanfona galega foi outrora instrumento que cegos e cegas empregaban para acompañar as súas coplas, e non caeu no total esquecemento ao longo do século XX mercé aos esforzos de Faustino Santalices Pérez (1877-1960)."
" A xente ve unha manivela e uns dedos, pero non entende o mecanismo. A zanfona gusta, mesmo antes de tocala".
Fonte: http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=3
E aquí unha mostra do son da zanfona:

19 de nov. de 2013

As actividades do SNL do concello de Vigo no CEIP García Barbón


O servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo, desde hai algúns anos ofrece diversas actividades aos coles de Vigo.
Pois este curso os nenos e nenas do noso cole levan participado nas seguintes:

6 de novembro: Elaboración de papel reciclado (alumnado de 6º de Infantil)
11 de novembro: Obradoiro de plastilina (alumnado de 6º de Infantil)

E proximamente terán lugar as seguintes:
20 de novembro: Elaboración de sales de baño (alumnado de 3º de primaria)
26 de novembro: Cantamos contos (alumnado de 4º de Infantil)
27 de novembro: Achégate aos monicreques (5º de primaria) no Verbum
10 de decembro: Obradoiro de regueifa (alumnado de 6º de primaria)
 

8 de nov. de 2013

Visitounos Francisco Castro, e...

os nenos e nenas de 6º fixeron poesía.
O 6 de novembro visitounos o escritor Francisco Castro, que como sabedes tamén estivo na inauguración da nova biblioteca do cole. Chegou cedo, primeiro a 6º A e despois a 6º B. Contounos algo do seu traballo, e despois fíxonos traballar a nós. Axudando un pouco, e a partir de palabras que se foron encadenando, cada un dos nenos e nenas de 6º, foron quen de facer unha poesía. Outro día, e con permiso dos autores, deixaremos aquí algún exemplo, pero de momento deixamos unhas fotos dese día, e por suposto o noso AGRADECEMENTO a Francisco Castro, que sempre está disposto a colaborar. GRACIÑAS.



CABAZAS, CABAZAS, CABAAAAZAAAAASSSSS....

Na última semana de outubro chegaron as cabazas ao noso cole. Había de todas cores, formas e tamaños, como podedes comprobar facendo clic na seguinte ventana.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow created with Smilebox