22 de out. de 2013

"ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA, HAI UNHA LUZ"

Como sabedes hoxe inauguramos a nova biblioteca do cole. Contamos coa asistencia de moitos pais, nais e nenos e nenas do cole. Tamén estivo Abel Caballero, o alcalde de Vigo, Mingos Teixeira (artista plástico ao que lle adicaremos outra entrada), o escritor Francisco Castro (colaborador habitual do CEIP García Barbón) que nos dixo que a relación cos libros é unha historia de amor, e Agustín Fernández Paz (que non necesita presentación). E foi Agustín quen nos dixo que "Onde hai unha biblioteca, hai unha luz", e son as palabras de Agustín as que aquí deixamos nese manifesto que fixo no ano 2008 para o día das bibliotecas, coa ilustración de Xosé Cobas.

http://agustinfernandezpaz.eu/manifesto-dia-da-biblioteca/

2 comentarios:

  1. Que ben, poder asistir onte á inauguración da nova biblioteca do voso colexio. Para min foi unha honra que me invitásedes. Deséxovos unha boa travesís nesta nova xeira.
    E si, hoxe volvería escribir o mesmo sobre as bibliotecas: sígome recoñecendo no manifesto "Onde hai unha biblioteca hai unha luz", que tan ben ilustrou Xosé Cobas.
    Mañá celébrase o Día das Bibliotecas. E hoxe, día 23, é o aniversario do nacemento do gran Gianni Rodari. Así que elixistes a mellor semana para a inauguración. Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Agustín, e para nós si que foi unha sorte e un privilexio enorme poder contar contigo.

    ResponderEliminar