18 de dec. de 2013

No Nadal

Chega o Nadal e os nenos e nenas de 4 anos contannos algo de turrón, un boneco de neve, panxoliñas, ...



12 de dec. de 2013

No Nadal un conto

Desde o Servizo de Normalización do Concello de Vigo propóñennos contos para este Nadal. Aquí queda a programación.

O Nadal

Achégase o tempo de Nadal co frío, o turrón, o Apalpador e moitas cousas máis... Aquí tedes algúns enlaces, por se vos resultan interesantes.

24 de nov. de 2013

Unha zanfona no cole

A semana pasada, e por iniciativa da profe de música, celebramos no cole a semana da música. Moitos alumnos e alumnas ensináronnos os seus instrumentos, e déronnos moitos pequeniños concertos.
Pero o venres, chegou un instrumento descoñecido para moitos de vós: a zanfona. Tivemos a sorte de ver e escoitar en directo unha zanfona. Por se queredes busar máis información sobre este instrumento tradicional galego, deixamos aquí dúas entradas que podedes atopar na rede.


"A zanfona galega foi outrora instrumento que cegos e cegas empregaban para acompañar as súas coplas, e non caeu no total esquecemento ao longo do século XX mercé aos esforzos de Faustino Santalices Pérez (1877-1960)."
" A xente ve unha manivela e uns dedos, pero non entende o mecanismo. A zanfona gusta, mesmo antes de tocala".
Fonte: http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=3
E aquí unha mostra do son da zanfona:

19 de nov. de 2013

As actividades do SNL do concello de Vigo no CEIP García Barbón


O servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo, desde hai algúns anos ofrece diversas actividades aos coles de Vigo.
Pois este curso os nenos e nenas do noso cole levan participado nas seguintes:

6 de novembro: Elaboración de papel reciclado (alumnado de 6º de Infantil)
11 de novembro: Obradoiro de plastilina (alumnado de 6º de Infantil)

E proximamente terán lugar as seguintes:
20 de novembro: Elaboración de sales de baño (alumnado de 3º de primaria)
26 de novembro: Cantamos contos (alumnado de 4º de Infantil)
27 de novembro: Achégate aos monicreques (5º de primaria) no Verbum
10 de decembro: Obradoiro de regueifa (alumnado de 6º de primaria)
 

8 de nov. de 2013

Visitounos Francisco Castro, e...

os nenos e nenas de 6º fixeron poesía.
O 6 de novembro visitounos o escritor Francisco Castro, que como sabedes tamén estivo na inauguración da nova biblioteca do cole. Chegou cedo, primeiro a 6º A e despois a 6º B. Contounos algo do seu traballo, e despois fíxonos traballar a nós. Axudando un pouco, e a partir de palabras que se foron encadenando, cada un dos nenos e nenas de 6º, foron quen de facer unha poesía. Outro día, e con permiso dos autores, deixaremos aquí algún exemplo, pero de momento deixamos unhas fotos dese día, e por suposto o noso AGRADECEMENTO a Francisco Castro, que sempre está disposto a colaborar. GRACIÑAS.



CABAZAS, CABAZAS, CABAAAAZAAAAASSSSS....

Na última semana de outubro chegaron as cabazas ao noso cole. Había de todas cores, formas e tamaños, como podedes comprobar facendo clic na seguinte ventana.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow created with Smilebox

28 de out. de 2013

O outono, o samaín, o magosto...


Aquí queda un symbaloo con información sobre o outono e as súas festas. Tedes un pouco de todo: música, información, libros lim,... Só tedes que facer clic encima de cada bloque e accederedes a recursos que xa estan na rede e que foron elaborados por moitos compañeiros e compañeiras.

24 de out. de 2013

MINGOS TEIXEIRA

O pasado 22 de outubro inauguramos a nova biblioteca do colexio. Pero houbo outro acontecemento importante. Mingos Teixeira, artista plástico de recoñecida traxectoria, donounos un cadro seu.
Mingos Teixeira colaborou hai anos co CEIP García Barbón a través do programa "Escola e Arte" do concello de Vigo, e por esa especial relación que mantivo co noso centro, foi polo nque nos agasallou a toda a comunidade educativa con esta fermosa obra.
GRACIAS.





A NOVA BIBLIOTECA

O pasado 22 de outubro, despois de obras, nova catalogación dos fondos, ..., e moito traballo, inauguramos a nova biblioteca do centro. Contamos coa presencia dos escritores Francisco Castro e Agustín Fernández Paz, ademáis de Abel Caballero (alcalde de Vigo) e Santos Héctor Rodríguez (concelleiro de educación). Unha biblioteca que quere ser un eixo fundamental na vida do cole, que quere dinamizar a vida di cole.
E como moitos de vós non puidestes asistir, aquí quedan unhas fotos.










22 de out. de 2013

"ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA, HAI UNHA LUZ"

Como sabedes hoxe inauguramos a nova biblioteca do cole. Contamos coa asistencia de moitos pais, nais e nenos e nenas do cole. Tamén estivo Abel Caballero, o alcalde de Vigo, Mingos Teixeira (artista plástico ao que lle adicaremos outra entrada), o escritor Francisco Castro (colaborador habitual do CEIP García Barbón) que nos dixo que a relación cos libros é unha historia de amor, e Agustín Fernández Paz (que non necesita presentación). E foi Agustín quen nos dixo que "Onde hai unha biblioteca, hai unha luz", e son as palabras de Agustín as que aquí deixamos nese manifesto que fixo no ano 2008 para o día das bibliotecas, coa ilustración de Xosé Cobas.

http://agustinfernandezpaz.eu/manifesto-dia-da-biblioteca/

15 de out. de 2013

ISTO ERAN TRES...

Agora que falta pouco para a inauguración da nova biblioteca, publicamos aquí o conto viaxeiro que elaboramos o curso pasado coa colaboración de todos os nenos e nenas do cole (e por suposto das e dos profes).Empezaron os pequenos de tres anos e cada grupo foi engadindo un capítulo novo. O resultado foi o que vos deixamos a continuación. Esperamos que vos guste.



Medremos 2013

O curso pasado rematámolo coa edición da revista do noso cole MEDREMOS 2013. Aquí deixamos un exemplar en formato dixital. Para velo un chisquiño máis grande, non tedes máis que facer clic encima da revista.

Novo curso

Xa hai un mes que comenzou un novo curso, e aparecemos aquí de novo. Esperamos ir subindo novas que contribúan á dinamización da lingua galega, tanto traballos que se elaboren no cole como contactos con institucións externas.

16 de abr. de 2013

7 de mar. de 2013

Çé orquestra no cole

O pasado martes 26 de febreiro, e gracias ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,  recibimos a visita de "Çé orquestra pantasma" no noso cole. Os nenos e nenas de primeiro pasárono en grande coa música, coas cancións, cos bailes e con todo o que nos propuxo o noso amigo. Aquí deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos.

19 de feb. de 2013

O día da PAZ

Desde o ano 1964, o 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non-violencia e da Paz. O seu obxectivo é a educación "na e para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz".
Este curso tivémolo que atrasar un chisco, pero celebrámolo o 6 de febreiro. Ese día todos xuntos representamos a vida: un día en paz, facendo amigos, dialogando, todos con todos e todas,... Xuntos cantamos "Imagine", e xuntos cantamos o himno da alegría.
Pero o día da Paz non é só unha representación, senón o resultado do traballo diario e continuado. Desde aquí queremoslle dar as gracias a todas as persoas que o fixeron posible.



6 de feb. de 2013

Entroido

No seguinte enlace podedes consultar os novos materiais e recursos aportados

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórma que están á vosa disposición novos materiais e recursos relacionados coa celebración do ENTROIDO. Podedes consultalos na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2013

4 de feb. de 2013

Achégase o Entroido

Achégase o entroido e as súas antroidadas. Aquí queda algunha información, por se vos interesa.

31 de xan. de 2013

Día da Paz

Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegan novos materiais e recursos relacionados co "DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA", que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_paz_0

24 de xan. de 2013

Día Escolar da Paz e non violencia

A continuación deixamos un symbaloo con enlaces a actividades, recursos,... relacionadas co Día Escolar da Paz e non violencia, que se celebra no noso cole desde hai moitos anos. Este outro é un symbaloo con cancións relacionadas coa Paz.

16 de xan. de 2013

O mundo é grande

Dentro de pouco celebraremos, como todos os anos, o día da paz. Nese día celebramos, entre outras cousas, a riqueza que supón a diversidade. Por iso, e para irnos ambientando deixamos aquí esta canción de mamá cabra cun video elaborado por Belén Junquera.

9 de xan. de 2013

Visitounos Marcos Calveiro

      Os rapaces de rapazas de 6º están a ler "O carteiro de Bagdad" de Marcos S. Calveiro, e por iso nos puxemos en contacto co autor, que de moi boa gana accedeu a facernos unha visita.
      Ademais de falarnos do seu libro, de onde atopa a inspiración para escribir, de Irak (onde está ambientado o seu libro), da situación das mulleres neses países, tamén aproveitou para recordar os seus anos como alumno do noso cole. Si, xa hai algúns anos, pero Marcos Calveiro tamén estudou no CEIP García Barbón.

Graciñas Marcos.

7 de xan. de 2013

Celso Emilio o 12/12/12




Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) quixeron renderlle homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
No seguinte enlace podedes consultar toda a información relacionada co acto http://coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio/celso.php